Silleda. Maio de 2023.
O 2 de maio chegou a última viaxe do proxecto. Esta vez 6 alumnos e alumnas do IES Pintor Colmeiro acompañados das profesoras Marta Aguirre e Laura López viaxaron a Romanía para traballar de novo o tema da inmigración e dos refuxiados baixo o lema “Citizens of future”.

Despois dunha longa viaxe chegamos á cidade onde estariamos 5 días, Lugoj, a cidade do noso centro anfitrión Liceul Tehnologic «Aurel Vlaicu».
A nosa primeira actividade foi a visita ao Centro Cultural Ucraíno de Timisoara “Uniunea Ucrainienilor din România”, onde fomos recibidos polo presidente da asociación e membros da mesma. Alí nos explicaron como traballan cos refuxiados para integralos na cidade e no sistema educativo de maneira que nos esquezan os seus costumes e a súa tradición. Alí imparten clases de romanés e fan exposicións de arte ucraíno.


Despois desta actividade tan enriquecedora, fixemos un tour pola multicultural cidade de Timisoara Capital da Cultura Europea 2023, un lugar cargado de historia reflectida nas súas prazas e edificios.


O xoves día 4 vistamos dúas localidades da rexión de Transilvania cheas de historia Deva e Hunedoara, exemplos de cidades medievais. En Deva visitamos a fortaleza “Cetatea Devei” , acompañados dun guía que nos contou toda a historia desta fortificación.

Pola tarde visitamos o castelo de Hunedoara, como todo castelo ten a súa lenda, deste lugar se conta que alí estivo preso durante 7 anos Vlad Tepes «El Empalador», personaxe histórico que inspirou a novela «Drácula», de Bram Stoker.

O venres día 5 todo o alumnado participante do proxecto traballou no centro anfitrión.O tema de traballo foi “Citizens of the future” onde tomando como referencia libros e películas imaxinaron como sería o mundo no 2040.


Despois das presentacións dos traballos, entregáronse os diplomas e houbo unha cerimonia de clausura.

E así rematou a nosa última mobilidade onde unha vez máis o mellor foi a convivencia e a interculturalidade do programa. Traballamos intentando poñer o noso gran de area cara o cumprimento do obxectivo 10 da Axenda 2030.
